FASE DE PRÁCTICAS:
AS PRÁCTICAS PODEN SER DESENVOLTAS EN VARIAS INSTITUCIÓNS, ENTIDADES DIFERENTES ATÉ SUMAR AS 150 HORAS
Documentación requerida na fase prácticas:
-Previa ao inicio: convenio e certificado de delitos sexuais.
  • Será necesario que a escola asine un convenio coa entidade de prácticas antes do inicio das mesmas. Ningunhas prácticas serán validadas sen a asinatura e envio previo deste convenio á escola.
  • SOLICITUDE DO CERTIFICADOS NEGATIVOS DO REXISTRO CENTRAL DE DELINCUENTES SEXUAIS: Segundo a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada posteriormente pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015, de voluntariado, é obrigatorio que todas aquelas persoas que traballen ou fagan tarefas de voluntariado (incluíndo a persoas en prácticas) con menores,  acheguen os certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais. Esta normativa está en vigor desde o un de marzo do presente ano 2016.
-Unha vez concluidas: documentación para o titor da escola.
Unha vez o alunado desenvolva as súas prácticas será necesario o envío ao correo da Equipa de Titorización da Escola  (escolaaltairgalizapraticas@gmail.com) a seguinte documentación para que o titor/a do alumno/a proceda á avaliación das prácticas do alumno/a e se poda incluir na correspondente Acta de Avaliación:
  • Certificado de prácticas
  • Informe de prácticas
  • Memoria da fase de prácticas elaborada polo alumno/a

Modelos oficiais de documentación de prácticas:

-Para monitorxs

-Para diretorxs

Oferta de prácticas que fai Altair:

Altair oferta prácticas en campamentos ou institucións de educación nos tempos libres (Chao de Castro-Altair  e Seteportas-Altair-Compostela) pertencentes ao seu proxecto educativo. Ademais ten convenios con institucións, entidades que desenvolven actividades de tempo libre (asociacións, empresas ou entidades públicas como a Xunta de Galicia). Dá tamén a posibilidade ao alumnado de que procure a institución que mellor lle veña para desenvolver as súas prácticas sendo, en todo caso, requisito o asinamento de convenio.