(SANTIAGO DE COMPOSTELA)-SETEMBRO 2016-Curso EXTENSIVO de monitorxs ATL

ampliacion-cartaz-santiago

CURSO OFICIAL HOMOLOGADO

POLA XUNTA DE GALICIA

Programa do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza entidade sen ánimo de lucro, imparte en xullo e agosto de 2016 unha nova edición do seu Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, terá lugar en Santiago de Compostela, en Vista Alegre (Sede da ETL Altair Galiza en Santiago de Compostela, Rúa Salvadas, Nº 22).

Horario do curso:

As aulas serán de 9 a 14 e de 15:30 a 20:30 horas, sendo modulábeis 30 minutos arriba ou abaixo informando previamente o alumnado.

Días en que se imparte docencia:

Inicio o 24 de Setembro e final o 27 de novembro (Sábados e domingos)
* En función das necesidades horarias e de acordo cos participantes poder liberarse tardes de domingos, supridas por tardes de venres.

 

Prazas limitadas (25 prazas)

Data límite para inscribirse e matrícularse: 22 de Setembro 2016

Data límite para matricularse (Prazo extraordinario para as persoas en lista de espera): 24 de Setembro de 2016

REQUISITOS DE ACCESO:
-Ter cumpridos os 18 anos
-Estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación
Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou
outro equivalente. (ENVIAR asinada a declaración responsábel).
-Terán praza as primeiras 25 persoas matriculadas. Estar matriculado implica: cubrir a folla de inscrición (inscribirse), enviar a titulación mínima esixida, enviar xustificante de ingreso da matrícula ou fracción e recibir o correo de confirmación por parte da ETL Altair Galiza. Xerarase unha lista de espera para as persoas que non teñan confirmación da matrícula por parte da ETL Altair Galiza. A ETL Altair Galiza informará ás persoas que pasan á lista de espera. Caso existir prazas libres a ETL Altair Galiza indicará que o prazo final para matricularse será o 24 de Setembro de 2016.

Sin título-1

Duración:
Fase teórico-práctica: 200h (O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas para asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc. O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas.)

Fase Práctica: 14 días de actividade intensiva (campamentos, colonias, albergues e campos de traballo) ou 150h de actividades nunha entidade ou asociación de tempo libre.

Oferta de prácticas que fai Altair:

Altair oferta prácticas en campamentos ou institucións de educación nos tempos libres (Chao de Castro-Altair, https://www.facebook.com/pages/Chao-de-Castro-Altair-Burela/198808886869561?fref=ts ou Seteportas-Altair, https://www.facebook.com/pages/Seteportas-Altair-Compostela/313360358868098?fref=ts) pertencentes ao seu proxecto educativo. Ademais ten convenios con institucións, entidades que desenvolven actividades de tempo libre (asociacións, ludotecas, Xunta de Galicia). Dá tamén a posibilidade ao alumnado de que procure a institución que mellor lle vaña para desenvolver as súas prácticas sendo requisito o asinamento de convenio de prácticas entre Altair e a institución de prácticas na que terá que haber un responsábel de prácticas permanente en posesión do Título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.

Entre o profesorado da escola contamos co mellorciño a nivel galego:

-Elías Torres (presidente do Movimento Internacional Altair e responsable pedagóxico de Altair Galiza, ex-vicereitor de cultura da USC, ex-educador do grupo Scout e, co-fundador e primeiro presidente das asociacións Itaca e Nau Catrineta, profesor da Escola Alento).

-Bruno Faustino Durán ( presidente da Asociación Altair Galiza, coordenador do Grupo Educativo Chao de Castro-Altair de Burela e Secretario da ETL Altair Galiza)

-Lois Ferradás Blanco (exdecano da facultade de Ciencias da Educación USC, membro da Nova Escola Galega [Movemento de Renovación Pedagóxica], fundador, profesor e director da escola Alento de educadores/as do tempo libre).

-Olalla Liñares García (Vicepresidenta da Asociación Altair Galiza e coordenadora do Grupo Educativo Seteportas-Altair de Santiago de Compostela)

-Rosendo Bugarín (ex-presidente do comité de ética de investigación clínica a nivel galego, vocal da comisión galega de Bioética, forma parte da Xunta Directiva do Colexio de Médicos da Coruña).

-María Barba Nuñez (investigadora na liña de Pedagoxía Ambiental e Educación Ambiental no grupo SEPA da Facultade de Ciencias da Educación da USC, prepara unha tese de doutoramento, orientada cara o estado actual da educación ambiental en Galiza)

– Iria Gema González García ( Enxeñeira de montes, USC e Paisaxista, UPC. Actualmente, forma parte da equipa da avaliación ambiental estratéxica da planificación territorial e urbanística (baixo o encargo de Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas)

-Victor Penas (Enxeñeiro de Montes USC e Master en Desenvolvemento e Cooperación Internacional UPV. Traballa en proxectos de desenvolvemento e cooperación inernacional relacionados coa xestión da auga)

(Estes entre outros/as son profesorado da escola, non están todos confirmados para este curso)

Matrículas:

Até o 15 de Setembro de 2016: 260 € (entrada 50 €)
* Posibilidade de pago en tres prazos de 60/70 € mais entrada.
-Membros das equipas educativas de Altair ou persoas que desexen pertencer ao vloluntariado educativo de Altair: 75 euros
 
Matrícula membros de Altair (apoio á formación de membros de altair):
* Estas interesad@ en ser educador/a voluntari@ de Altair? Estas pensando en constituír un grupo? Coñece o noso proxecto en Burela (Chao de Castro-Altair) e Santiago de Compostela (Seteportas-Altair). Mais información contacta a Asociación Altair Galiza en altair.galiza@gmail.com.O curso inclúe:
 
 O curso inclúe:
-SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
-POLIZA DE ACCIDENTES PARA O ALUMNADO (na fase teórico-práctica)
-MATERIAL E ACTIVIDADES
-TRANSPORTE AO LUGAR LUGAR ONDE SE DESENVOLVA O MODULO DE CAMPISMO
-ALOXAMENTO GRATUITO PARA PERSOAS DE FÓRA DE SANTIAGO EN RÉXIME DE –    ACANTONAMENTO OU CAMPAMENTO
 

O director da escola é Elías José Feijó Torres, coordinador pedagóxico de Altair Galiza, e o secretario Bruno Faustino Durán, presidente da Asociación Altair Galiza.

Para máis información:

etl.altair.galiza@gmail.com

685325153

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s