Como proxecto educativo de voluntariado, Altair destina recursos á formación continua dos seus membros. Nela, os Cursos de Monitorxs e Directorxs son unha peza básica. Altair subsidia por persoa a matrícula de cada un/unha dos seus e das súas educadorxs, sendo a matrícula para o curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre de 95 €.

Para educador@s da Altair ou persoas que desexen facer parte do voluntariado de Altair, existe a opción de facer 40 horas alternativas en fins de semana de setembro de formación específica.