(SANTIAGO DE COMPOSTELA) XULLO 2017-Curso INTENSIVO de Monitorxs de ATL, III EDICIÓN

Curso verán 2017

CURSO OFICIAL HOMOLOGADO

POLA XUNTA DE GALICIA

FASES TEÓRICA (200 horas) + PRÁCTICA (150 horas): 350 HORAS de formación

-INCLÚE, SEN COSTES ADICIONAIS, POSIBILIDADE DE ALOXAMENTO EN LITEIRAS NO PROPIO CENTRO DE FORMACIÓN  E DEREITO A COCIÑA-

O alumnado farase responsábel do correcto uso das instalacións, mantemento e limpeza das mesmas

 

MODELO DE SOLICITUDE DE PRAZA PARA ALOXARSE NO CENTRO DE FORMACIÓN DURANTE O CURSO

Tamén inclúe:

– A FASE PRÁCTICA DO CURSO CON ORIENTACIÓN PERMANENTE NA PROCURA DE ENTIDADES ACOLLEDORAS DE PRÁCTICAS, APOIO DURANTE TODA A FASE DE PRÁCTICAS  E TITORIZACIÓN PERSONALIZADA DO PROCESO INDIVIDUAL DE CADA ALUMN@.
-SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
-POLIZA DE ACCIDENTES PARA O ALUMNADO (na fase teórico-práctica)
-MATERIAL E ACTIVIDADES
 

Programa do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza entidade sen ánimo de lucro, imparte en xullo e agosto de 2017 a III edición do  seu Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, terá lugar en Santiago de Compostela, na Portela de Figueiras no Centro de Interpretación do medio Rural sito no Lugar a Portela de Figueiras, 13

LOCALIZACIÓN EN GOOGLE MAPS DO CENTRO ONDE SE IMPARTE O CURSO

HORARIO DO CURSO E CRONOGRAMA

As aulas serán de 9 a 14 e de 15:30 a 20:30 horas, sendo modulábeis 30 minutos arriba ou abaixo informando previamente o alumnado.

CRONOGRAMA (non disponíbel)

DÍAS EN QUE SE IMPARTIRÁ DOCENCIA E DÍAS LIBRES

 

O curso comeza o 15 de xullo e remata o 6 de agosto, sendo libres os días:

-25 de xullo (todo o día)

-18, 21 e 31 de xullo pola mañá

– 3 de agosto (pola mañá)

DATAS LÍMITES:

Data límite para  matrícularse ou para solicitar a devolución da matrícula (renuncia á matrícula): 5 de xullo de 2017

 

PRAZAS:

Limitadas a 25. Terán praza as primeiras 25 persoas matriculadas. Estar matriculado implica: cubrir a folla de inscrición (inscribirse), enviar a declaración responsábel asinada, enviar xustificante de ingreso da matrícula ou fracción e recibir o correo de confirmación por parte da ETL Altair Galiza. Xerarase unha lista de espera para as persoas que non teñan confirmación da matrícula por parte da ETL Altair Galiza. A ETL Altair Galiza informará ás persoas que pasan á lista de espera e, de ser o caso, poderá abrir un período extraordinario de matrícula.

REQUISITOS DE ACCESO:

-Ter cumpridos os 18 anos
-Estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación
Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou
outro equivalente. (ENVIAR asinada a declaración responsábel).

FASES QUE INCLÚE A FORMACIÓN:

FASE TEÓRICA: 200h O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.

 

FASE DE PRÁCTICAS: 150 horas en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo ou nunha entidade ou asociación de tempo libre. As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 6 de agosto de 2017, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos, 6 de agosto de 2019, pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.

MATRÍCULAS:

Até 15 de xuño de 2017: 240 €
* Posibilidade de pago en tres prazos de 60 € mais entrada de 60 € (o total debe estar satisfeito antes do 15 de xullo de 2016)Sin título-1
-Membros das equipas educativas de Altair ou persoas que desexen pertencer ao voluntariado educativo de Altair: 75 euros

 

Matrícula membros de Altair (apoio á formación de membros de altair):
* Estas interesad@ en ser educador/a voluntari@ de Altair? Estas pensando en constituír un grupo? Coñece o noso proxecto en Burela (Chao de Castro-Altair) e Santiago de Compostela (Seteportas-Altair). Mais información contacta a Asociación Altair Galiza en altair.galiza@gmail.com.
AVALIACIÓN DAS FASES TEÓRICA E PRÁCTICA:
A avaliación da fase teórica: A avaliación da fase teórico-práctica basearase nunha avaliación continua personalizada, que se efectuará ao longo do curso.
A avaliación da fase práctica: A avaliación da fase de prácticas efectuarase, unha vez concluida a fase de prácticas na/s entidade/s acolledora/a do alumnado, con base na Memoria de Prácticas que cada alumno deberá elaborar e tendo en conta o Informe de Prácticas presentado polo responsábel de prácticas na entidade acolledora.
A ETL Altair Galiza ten previsto emitir actas tanto da fase teórica como da práctica neste curso 2016/17 nas seguintes datas facéndoas públicas nesta páxina web.
DATAS DE EMISIÓN DE ACTAS 2016/17
– 15 de Setembro 2016
-15 de Febreiro 2017
-15 de Xuño 2017
-15 de Xullo 2017
EXPEDICIÓN DO TÍTULO:
Unha vez emitida a acta a escola remitea á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado acompañada do xustificantede pagamento da tasa administrativa de 11 € que debe efectuar o alumnado para a emisión do seu título.
O pagamento desta tasa pode facerse telemáticamente a través desta LIGAZÓN. Tamén se poden xerar os impresos online a través desta LIGAZÓN e obter mais información sobre este procedemento.
Esta é a documentación e información precisas para o pagamento da tasa:
Unha vez remitida esta documentación a escola pode certificar que o alumno está titulado á espera de recepción do título oficial (coa mesma validez que o título que emite a Xunta de Galicia)O título non se envia a domicilio recollese en Santiago de Compostela nun lugar indicado para tal efeito. Chegado o momento informarase onde se recolle.
 

O director da escola é Elías José Feijó Torres, coordinador pedagóxico de Altair Galiza, e o secretario Bruno Faustino Durán, presidente da Asociación Altair Galiza.

Para máis información:

etl.altair.galiza@gmail.com

685325153

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s